viernes, 22 de abril de 2011

Análise destes últimos 4 anos

Novas Xeracións de Negreira nace, coa ilusión dos seus integrantes, para defender e por en manifesto os intereses da xuventude do noso Concello.
Creemos que Negreira necesita máis política dirixida á mocidade para poder ofrecer no noso Concello todo tipo de facilidades que un moz@ necesita na actualidade, cousa que o actual Goberno nicrariense non está facendo.
Nesta lexislatura, cun goberno socialista en Negreira, non notamos ningún avance en materia xuvenil, de tal xeito que temos que manifestar o noso enfado pola deixadez que se produciu durante estes últimos 4 anos a toda a mocidade local.O problema do paro xuvenil en Negreira é algo que o goberno socialista non lle preocupou nin o máis mínimo, isto fainos temer que este goberno siga o modelo do señor Zapatero, que actualmente ten o récord de paro xuvenil en Europa.
O paro non é o único que deixaron de lado, pois actualmente seguimos cunha Biblioteca totalmente obsoleta, a mocidade do rural non teñen as mesmas facilidades cun que vive no casco urbano, non houbo ningún taller de formación para o acceso ó mundo laboral, en definitiva, botamos en falta políticas que solucionen as necesidades que actualmente temos a mocidade.
Pero a vista das eleccións municipais do 22 de maio, o señor Jorge Tuñas, alcalde para os amigos, describeo perfectamente a frase do programa televisivo de “ Corre Carmela que chove!!!”, neste caso “ Corre Jorge que chove!!” xa que, parece que non tivo tempo nestes últimos 2 anos,ao mando do concello, para facer obras e festas que actualmente se están a facer sen ningún tipo de fundamento.
A vista desta deixadez e incompetencia do actual goberno, puxémonos en marcha para dar solucións a estes problemas; solucións que lle foron transmitidas ao Partido Popular local para emprender conxuntamente os trámites necesarios para poder levar a cabo os cambios pertinentes.