lunes, 26 de marzo de 2012

VIII Congreso Provincial de NNXX

O pasado sábado 24 de marzo, tivo lugar en Coruña o VII Congreso Provincial de Novas Xeracións, no que foi elixido Presidente Provincial cun 70 % dos votos, Ramón Santos. A nosa agrupación local estivo representada por 2 compromisarios que exerceron o seu dereito a voto. Tanto Alejandro García como Lorena Castellano, viron moi positivo a celebración dun Congreso Provincial no cal se poida elixir democraticamente o representante provincial de Coruña de Novas Xeracións.

Así, o Presidente Local de NNXX de Negreira, Alejandro García, foi incluído como membro da nova Xunta Provincial, algo moi positivo para toda a agrupación local de Negreira. Isto non pode implicar conformismo, e a tarefa desta local é seguir traballando polos intereses dos xóvenes deste Concello. Tal e como se dixo no Congreso Provincial, “a tarefa de Novas Xeracións é moi importante, somos a canle necesaria dos xóvenes cos gobernos” é por iso polo que debemos seguir traballando.