martes, 19 de julio de 2011

CURSO INFORMATIVO SOBRE O ALZHEIMER

Novas Xeracións de Negreira organizamos un curso informativo sobre o ALZHEIMER que consistirá na concienciación de que é unha enfermidade que pode afectar a todas as persoas.
Co lema " ALZHEIMER UN PROBLEMA DE TODOS" queremos facer unha actividade de carácter social e que abarque a todas as franxas de idade do noso concello.
O curso realizarase no telecentro da CASA DA CULTURA  do 1 ó 3 de Agosto, coa inauguración o día 1 ás 10.30 da mañá, onde asistirá o responsable de política social das Novas Xeracións de Galicia, Alexander Doval, asi como Juan Rey, a concelleira de sanidade e servicios sociais, Cintia Picado, e a psicóloga do Concello.

Animamos a todos a que participen nesta actividade de gran interese para todos!

Para máis información chamar ó 633-485-325  ou  ben un correo electrónico  a   novasxeracionsdenegreira@gmail.com.

Un saúdo!