Novas Xeracións de Negreira organizamos un curso informativo sobre o ALZHEIMER que consistirá na concienciación de que é unha enfermidade que pode afectar a todas as persoas.
Co lema " ALZHEIMER UN PROBLEMA DE TODOS" queremos facer unha actividade de carácter social e que abarque a todas as franxas de idade do noso concello.
O curso realizarase no telecentro da CASA DA CULTURA do 1 ó 3 de Agosto, coa inauguración o día 1 ás 10.30 da mañá, onde asistirá o responsable de política social das Novas Xeracións de Galicia, Alexander Doval, asi como Juan Rey, a concelleira de sanidade e servicios sociais, Cintia Picado, e a psicóloga do Concello.
Animamos a todos a que participen nesta actividade de gran interese para todos!
Para máis información chamar ó 633-485-325 ou ben un correo electrónico a novasxeracionsdenegreira@gmail.com.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario