miércoles, 28 de septiembre de 2011
miércoles, 7 de septiembre de 2011
As mentiras dos socialistas de Negreira!
Damas e Cabaleiros, Señoras y señores, Ladies and Gentlemen … Novas Xeracións de Negreira volve despois destas minivacacións!!!
E que mellor maneira de volver que nos dean un agasallo en forma de “nota desinformativa” por parte do PSOE de Negreira.
Pois así, iniciado o curso político, despois de un intenso verán, en Negreira, o PSOE segue difamando e mentindo ós veciños deste pobo con temas que nalgúns casos xa producen a risa dos habitantes do concello. E non é para menos! Xa que agora traen todas as mentiras que poñen en Facebook ós buzóns nicrarienses.
Despois de vela e coa súa posterior lectura (custounos bastante xa que os parágrafos non existen) indagamos que gran parte das denuncias que fan xa están solucionadas e a outra parte que queda, é falsa . Así, descubrimos que a denuncia sobre o abandono de Vilachán, Campos,etc. xa fai tempo que están na tarefa de limpar esas zonas. Pero é curioso que sexan os socialistas que fagan esta denuncia, xa que na súa lexislatura, concretamente co Señor Tuñas á cabeza, non se preocuparon nin o máis mínimo de limpar eses lugares. Porén, non nos sorprende, pois eles foron os que denunciaron que o paseo fluvial estaba abandonado, que as herbas das beirarrúas das aldeas estaban moi altas… todo isto, a dúas semanas de que o novo goberno tomara posesión!!! Entón… preguntámonos nós… non sería que se esqueceron de limpalas eles? Pois as herbas non medran dun día para outro!!
Pero seguimos lendo, e atopámonos con cousas ben simpáticas, se non se tratase da saúde dos veciños. Pois a piscina municipal límpase e analízanse as súas augas igual ou incluso mellor que antes. Polo tanto, non entendemos a postura dos socialistas de poñer en dúbida aos profesionais que velan polo mantemento da piscina.
Despois de ler que se vai deixar a escuras ó concello en todos os sentidos e de alarmar dunha apocalipses no concello, e dicir que van a organizar manifestacións, coller firmas, queixas formais e sabe Deus cantas cousas máis, non din que eles foron os causantes dos drásticos plans de aforro enerxético que o Concello se viu obrigado a facer, debido a que os socialistas deixaron de pagar as facturas a Fenosa, concretamente uns 14 meses. Por qué non o din?
Pero o máis sorprendente é cando falan de actitudes franquistas e ditatoriais !! Qué pena que estes adxectivos (porque estes si son adxectivos) sexan os que verdadeiramente os describan ! Pois eles son os demócratas de pantalla pero non de feitos! Ou acaso non lembran cando expulsaron da alcaldía ao Señor García Fuentes cun papeliño firmado por 4 membros do PSOE?
Pero de todos xeitos, nesta “nota desinformativa” botamos en falta estas cousas:
Por qué non falan da débeda que deixaron no Concello?
Por qué o señor Tuñas fala nos plenos municipais de que se cerraron os presuposto en positivo cando se pechou o presuposto do ano 2010 cun saldo negativo de - 560.429,23 €
Por qué os socialistas non din que tiveron informes negativos por parte da secretaría e da intervención municipal sobre as contratacións do persoal?
Por qué se multiplicou por máis de dous a débeda a provedores en 2 anos?
Onde están os 27 dispositivos móbiles do Concello?
Son cousas que eles xa non recordan… ou máis ben, non queren lembrar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)