miércoles, 7 de septiembre de 2011

As mentiras dos socialistas de Negreira!



















Damas e Cabaleiros, Señoras y señores, Ladies and Gentlemen …   Novas Xeracións de Negreira volve despois destas minivacacións!!!  

E que mellor maneira de volver que nos dean un agasallo en forma de  “nota desinformativa”  por parte do PSOE  de Negreira.

Pois así, iniciado o curso político, despois de un intenso verán, en Negreira, o PSOE segue difamando e mentindo ós  veciños deste pobo con temas que nalgúns casos xa producen a risa dos habitantes do concello. E non é para menos! Xa que agora traen todas as mentiras que poñen en Facebook ós buzóns nicrarienses. 

Despois de vela e coa  súa posterior lectura  (custounos bastante xa que os parágrafos non existen) indagamos que gran parte das denuncias que fan xa están solucionadas e a outra parte que queda, é falsa .  Así, descubrimos que a denuncia sobre o abandono de Vilachán, Campos,etc.  xa fai tempo que están na tarefa de limpar esas zonas. Pero é curioso que sexan os socialistas que fagan esta denuncia, xa que  na súa lexislatura, concretamente  co Señor Tuñas á cabeza, non se preocuparon nin o máis mínimo de limpar eses lugares. Porén, non nos sorprende, pois eles foron os que denunciaron que o paseo fluvial estaba abandonado, que as herbas das beirarrúas das aldeas estaban moi altas… todo isto, a dúas semanas de que o novo goberno tomara posesión!!! Entón… preguntámonos nós…  non sería que se esqueceron de limpalas eles? Pois as herbas non medran dun  día para outro!!

Pero seguimos lendo, e atopámonos con cousas ben simpáticas, se non se tratase da saúde dos veciños. Pois a piscina municipal límpase e analízanse as súas augas igual ou incluso mellor que antes. Polo tanto, non entendemos a postura dos socialistas de poñer  en dúbida aos profesionais  que velan polo mantemento da piscina. 

Despois de ler que se vai deixar a escuras ó concello en todos os sentidos e de alarmar dunha apocalipses  no concello,  e dicir que van a organizar manifestacións, coller firmas, queixas formais e sabe Deus cantas cousas máis, non din que eles foron os causantes dos drásticos plans de aforro  enerxético que o Concello se viu obrigado   a facer,   debido a que os socialistas deixaron de pagar  as facturas a Fenosa, concretamente uns 14 meses. Por qué non o din?

Pero o máis sorprendente é cando falan de actitudes franquistas e ditatoriais !! Qué pena que estes adxectivos  (porque estes si son adxectivos) sexan os que verdadeiramente os describan ! Pois eles son os demócratas de pantalla pero non de feitos! Ou acaso non lembran cando expulsaron da alcaldía ao Señor García Fuentes cun papeliño firmado por 4 membros do PSOE?

Pero de todos xeitos, nesta “nota desinformativa”  botamos en falta estas cousas: 

Por qué  non falan da débeda que deixaron no Concello? 

Por qué o señor Tuñas  fala nos plenos municipais de que se cerraron os presuposto en positivo cando se pechou o presuposto do ano 2010 cun saldo negativo de   - 560.429,23 € 

Por qué os socialistas non din que tiveron informes negativos por parte da secretaría e da intervención  municipal sobre as contratacións do persoal? 

Por qué se multiplicou por máis de dous a débeda a provedores en 2 anos?

Onde están os 27 dispositivos móbiles do Concello?

Son cousas que eles xa non recordan… ou máis ben, non queren  lembrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario