sábado, 5 de noviembre de 2011

MITIN CENTRAL EN NEGREIRA



O venres 4 de Novembro tivo lugar , no auditorio do centro socicultural de Negreira, un mitin no que participaron Maria Jesús Sainz, Juan de Dios Ruano e Alfonso Rueda Valenzuela. Tamén agradecer a presenza do Presidente de Novas Xeracións de Oroso, Alexander Doval, e aos seus afiliados e ao Presidente de NNXX de Tordoia, Pablo del Rio Noya.

Foi unha xuntanza  nun auditorio con gran participación por parte dos veciños de Negreira, cun ambiente  de cambio nun pais asolado por unha forte crise económica e política.  Ante esta situación, Mariano Rajoy presentase a Presidencia do Goberno de España e poder ofrecer a este país máis emprego, prestixio e sobre todo máis confianza.

Destacar o recordo, feito por Juan Rey Maceira,  de que nos seus inicios, Mariano Rajoy traballou no rexistro de Negreira e que polo tanto ten un gran aprecio a este Concello.
"As eleccións non se gañan nas enquisas, gáñanse nas urnas", son palabras de Alfonso Rueda que instou a todos a ir a votar e non dar nada por gañado.

#SÚMATEALCAMBIO

VOTA PARTIDO POPULAR
VOTA MARIANO RAJOY

No hay comentarios:

Publicar un comentario